As Celtas impúxose no triangular de fútbol feminino Trofeo Concello de Friol
LugoXa | TerraChaXa
As locais tiveron que conformarse coa terceira praza
1 Sep 2024
As Celtas impuxéronse este sábado no triangular disputado en Friol ante o conxunto local e o Avilés asturiano. O primeiro partido foi contra as asturianas, impoñéndose o equipo celeste nos penaltis despois de que o tempo regulamentario acabase con empate sen goles.
No segundo partido, disputado ante o Friol, que exercía como local, As Celtas impuxéronse por dous goles a cero. Deste modo, medalla de prata para o Real Avilés mentres que o bronce quedou para as locais.