As cifas turísticas de Lugo durante esta Semana Santa achegáronse ás do ano 2019

LugoXa
Las cifras turísticas de Lugo durante esta Semana Santa se acercaron a las conseguidas durante el pasado año 2019.
muralla de lugo
20 Apr 2022

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os datos de turismo da semana santa de 2022. Ferreiro explicou que "o número de turistas que se achegaron a Lugo estes días demostran que a recuperación do sector continúa a bo ritmo, e demostra que Lugo é un destino estratéxico á hora de visitar Galicia". Maite Ferreiro afirmou que “Lugo situouse nesta semana santa en números moi similares ao 2019, antes da pandemia, e desde o Goberno de Lugo seguiremos traballando para continuar a mellorar os datos e garantir a mellor atención ás persoas que nos visiten”.

A Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo atendeu en total a 1697 turistas durante a semana santa, destacando as procedentes do resto de Galicia e das principais zonas do estado, entre as que destacan Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Europa e América son os lugares dos que proceden maior número de turistas no eido internacional

As salas museísticas municipais continúan a ser un gran atractivo turístico da cidade. Mentres que Porta Miñá e o Centro de Interpretación de San Roque rexistraron números similares ao ano 2019, o MIHL acolleu, durante a semana santa, con 743 visitas, multiplicando por 4 o número de visitantes rexistrado no 2019, cando a cifra total foi de 168 persoas durante a semana santa. Maite Ferreiro vinculou o éxito do MIHL ao traballo de difusión da instalación realizado pola área de Cultura, e á chegada de exposicións como Así Xogabamos, que leva preto de 5.000 visitas desde a súa chegada ás instalacións en febreiro deste ano.

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Maite Ferreiro lamentou que “mentres que desde a área de Turismo traballamos para consolidar Lugo como un destino de calidade, a Xunta de Galicia non atenda o seu punto de información nos festivos da semana santa, datas nas que contamos cunha gran afluencia de visitantes”. A concelleira de Turismo afirmou que “a Xunta debería revisar a súa estratexia turística para Lugo e garantir atención a todas as persoas que se acheguen, do mesmo xeito que facemos desde o Concello”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19417119026184