As comisións de festas de Outeiro de Rei poden solicitar unha actuación das agrupacións Músico Crisanto

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música Asociación Músico Crisanto de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol pon á disposición das parroquias, asociacións e comisións de festas deste municipio que o soliciten, catro actuacións anuais de carácter gratuíto; as actuacións poderanse programar en horario comprendido entre as 11.
26 Mar 2024

O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música Asociación Músico Crisanto de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol pon á disposición das parroquias, asociacións e comisións de festas deste municipio que o soliciten, catro actuacións anuais de carácter gratuíto; as actuacións poderanse programar en horario comprendido entre as 11.00 e as 21.00 horas e terán unha duración aproximada de 45 minutos.

Pódense solicitar as agrupacións Banda de Música Sons e Soños e a Coral.

Como o número de actuacións é limitado (catro por ano) terán preferencia as parroquias ás que non se lles fose concedida con anterioridade e aquelas actuacións que sexan para festas patronais, con respecto a outras de carácter veciñal.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de abril, debendo presentarse no rexistro municipal o modelo de solicitude cuberto que está a disposición do público nas oficinas municipais e na páxina web do Concello www.outeiroderei.gal .

0.20279383659363