As denuncias por violencia machista aumentan un 2,7 % en 2021 con respecto ao ano anterior

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Solicitáronse ante os xulgados de violencia sobre a muller 1.
violencia de xenero
13 Mar 2022

Solicitáronse ante os xulgados de violencia sobre a muller 1.784 ordes de protección, das que se concederon o 66 %. Os órganos xudiciais galegos ditaron 2.164 sentenzas, das cales o 79,5 % foron condenatorias . A taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) situouse en Galicia en 44,5, a segunda máis baixa do Estado.

Os xulgados galegos recibiron o ano pasado 6.259 denuncias por violencia de xénero, un 2,7 % máis que en 2020, cando se presentaron 6.097. A gran maioría (5.107) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima. Aumentou tamén o número de mulleres que aparecen como vítimas, pois en 2020 se contabilizaron 6.073, fronte ás 6.219 de 2021, o que supón unha subida do 2,4 %. A taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) en Galicia situouse en 44,5, a segunda máis baixa do Estado -cuxa media foi de 66-, só por detrás da de Castela e León (42,6).

Se a comparativa a realizamos con 2019, as denuncias descenderon. O ano previo á pandemia presentáronse 6.551, un 4,4 % máis que en 2021. Con todo, aumentou un 3,7 % o número de vítimas, pois en 2019 contabilizáronse 5.997, fronte ás 6.219 do ano pasado.

Os distintos órganos xudiciais (xulgados de violencia sobre a muller, xulgados do penal e audiencias provinciais) ditaron 2.164 sentenzas en 2021, das cales 1.721, é dicir, o 79,5 %, foron condenatorias.

Segundo os datos estatísticos feitos públicos hoxe polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), en Galicia descenderon un 29,9 % os casos de vítimas que se acolleron a dispensa para non declarar. En 2021 optaron por esta opción 471 mulleres, fronte ás 672 que o fixeron no mesmo período de 2020.

Durante o ano pasado solicitáronse ante os xulgados de violencia sobre a muller 1.784 ordes de protección, un 11,2 % menos que en 2020, cando se demandaron 2.009. Delas, foron acordadas 1.176 (o 66 %), fronte ás 1.291 de 2020. Nos xulgados de garda sen competencia en violencia sobre a muller solicitáronse 410 ordes de protección.

Ademais, en 2021 os xulgados de menores axuizaron a sete persoas por delitos relacionados con violencia sobre a muller, mentres que o ano anterior foron xulgados dez menores por procesos de violencia de xénero.

Os datos relativos ás medidas civís ditadas polos xulgados de violencia sobre a muller para protexer aos fillos das vítimas, que reflicten as modificacións legais introducidas na Lei Orgánica de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, reflicten que durante 2021 os órganos xudiciais galegos adoptaron 70 medidas consistentes na suspensión do réxime de visitas, un 118,8 % máis que en 2020, cando se adoptaron 32. No último trimestre do ano pasado, o incremento superou o 500 por cen con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Podes destacar o informe neste enlace.

0.11514687538147