As Dragonas do Cidade de Lugo de piragüismo proclamáronse Campioas de España

LugoXa
Miguel Fernández, xunto aos concelleiros das áreas de Cohesión Territorial, Muller e Deportes, Ana González Abelleira, Ángeles Novo e Jorge Bustos, deron os parabéns ás campioas
Dragonas-do-Cidade-de-Lugo-de-piragüismo
1 May 2025

As integrantes do equipo das Dragonas do Cidade de Lugo de piragüismo, que veñen de regresar de Sevilla, onde se fixeron coa medalla de ouro no Campionato de España, na categoría PD3, foron recibidas na Casa Consitorial do Concello de Lugo.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, felicitou ás campionas e a todas as responsables do equipo, integrado por mulleres, algunhas pacientes con cáncer, que comezaron a remar a bordo da embarcación dragón boat e que constituíron este equipo hai apenas un ano.

Tralos primeiros cinco meses de adestramento se fixeron co ouro no Campionato Galego, na modalidade de Dragon Boat, e o pasado fin de semana, no campeonato nacional disputado en Sevilla volveron a subir ao alto do podio, na categoría de PD3, sobre unha distancia de 2.000 metros.

Miguel Fernández, xunto aos concelleiros das áreas de Cohesión Territorial, Muller e Deportes, Ana González Abelleira, Ángeles Novo e Jorge Bustos, deron os parabéns ás campioas, ás que desexaron sorte, tanto a nivel deportivo como persoal.

⚙ Configurar cookies
0.16974592208862