As economías alternativas centran unha charla en Lugo

LugoXa
O Banco de Tempo organiza unha charla-debate sobre Economías alternativas este martes no Centro Social A Hedreira
Charla BAnco Tempo
23 Maio 2022

O Banco de Tempo de Lugo organiza para mañá unha charla- debate sobre Economías alternativas na Galiza, no Centro Social autoxestionado A Hedreira (rúa Catasol 17). O Banco de Tempo de Lugo é unha rede de troco de produtos e servizos (dende alimentación, artesanía, produtos do fogar, roupa... a labores agrícolas, forestais, arranxos eléctricos e de fontanería, electrónica...).

Con esta actividade, pretenden dar a coñecer outros proxectos similares onde a economía está ó servizo das persoas, a través de redes de intercambio local, moedas complementarias e grupos de axuda mutua. Proxectos alternativos ó mundo capitalista, onde o individualismo, a especulación e a desigualdade social son habituais.

Participan na xornada As Toupas (colectivo de axuda mutua no rural), o Banco de tempo de Lugo (rede de troco de productos e servizos), A Sabia (moeda social galega), Ğ1 Moneda Libre (criptomoeda social).

0.1276171207428