As enfermeiras manifestaranse este xoves en Lugo, Burela e Monforte

LugoXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
O colectivo APT, formado por enfermeiras galegas está a levar a cabo desde fai uns meses distintas accións de protesta como concentracións, escritos dirixidos ás Xerencias e Recursos Humanos do Sergas, á Valedora do Pobo e a outros organismos, e reunións cos representantes dos traballadores.
hula hospital lugo
14 Nov 2023

O colectivo APT, formado por enfermeiras galegas está a levar a cabo desde fai uns meses distintas accións de protesta como concentracións, escritos dirixidos ás Xerencias e Recursos Humanos do Sergas, á Valedora do Pobo e
a outros organismos, e reunións cos representantes dos traballadores. Neslas reclaman "os dereitos que fomos perdendo nas últimas dúas décadas, melloras nos cocientes enfermeira – doente, estabilidade laboral e o recoñecemento profesional que merecemos".

A través dun escrito animan ao resto de categorías, que se vén afectadas por moitas estas demandas, a que acudan ás concentracións e se unan ás peticións, "xa que son melloras comúns".

"O uso abusivo de contratos precarios, de días, ou no mellor dos casos, de meses, nos cales, en moitas ocasións, o horario laboral é comunicado ao traballador con un só día de antelación, tendo que exercer o seu traballo nunha unidade diferente cada día ou incluso dentro da mesma xornada, xera unha gran presión nos profesionais e supón un risco innecesario para a seguridade dos doentes, minguando a calidade asistencial", din.

Afirman tamén que cada vez "faise máis evidente a falta de enfermeiras dispoñibles para cubrir as ausencias do persoal da plantilla estable (vacacións, días de descanso, asuntos propios, incapacidades temporais). Neste
momento a xestión do Sergas céntrase na improvisación continua afectando a calidade dos coidados que ofrecemos".

"A mala xestión da administración e a falta de previsión das crecentes necesidades dunha poboación cada vez máis lonxeva favorecen o deterioro da Sanidade Pública, o incremento desorbitado da actividade privada e a migración de compañeiras fóra de Galicia e incluso de España", conclúen.

Por todo isto volverán saír á rúa este xoves, 16 de novembro, con concentracións na maioría das Áreas Sanitarias. En
Monforte de Lemos será na entrada principal do Hospital ás 13.00 horas. Á mesma hora concentraranse en Lugo, na entrada principal do HULA. Na Mariña están citados na porta xiratoria ás 11:30 horas.

Esta é a terceira concentración do movemento e a segunda a nivel autonómico. "Pedimos melloras que inflúen directamente na atención aos doentes, ademais da recuperación dos nosos dereitos. Seguimos agardando algunha solución as nosas peticións", din.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17678189277649