As Escolas Deportivas Municipais de Monterroso foron clausuradas cun acto final
LugoXa
Houbo exhibicións de patinaxe, judo, multideporte e entrega de diplomas
16 Xuño 2024
O Concello de Monterroso organizou unha festa para clausurar as Escolas Deportivas Municipais no Espazo Lorenzo Varela.
Houbo exhibicións de patinaxe, judo, multideporte e entrega de diplomas a cargo do equipo de Goberno do Concello de Monterroso; o alcalde, Eloy Pérez e os concelleiros Jessica Rodríguez e Balbino Martínez.
Algunhas das actividades contaron coa participación das familias, como a de judo. Ademais, o venres o Concello de Monterroso clausurou a tempada da Escola Municipal de Pádel cun mini torneo.
O alcalde, Eloy Pérez, e o concelleiro Balbino Martínez foron os encargados de facer a entrega dos diplomas e dun agasallo a todos e todas as participantes; preto de 20 nenos e nenas e 15 adultos.