As Espigadoras de Portomarín estrean un obradoiro de tintes naturais

LugoXa
A asociación As Espigadoras de Portomarín pon en marcha un novo obradoiro en Caborrecelle.
as_espigadoras_portomarin
19 Abr 2024

A asociación As Espigadoras de Portomarín pon en marcha un novo obradoiro en Caborrecelle. O sábado 27 de abril organizan un obradoiro de tintes naturais a partir de restos de plantas. A actividade impartirase de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Os interesados en participar poden confirmar a súa asistencia a través do correo asespigadoras@gmail.com ou do 659 286 528. As Espigadoras é unha asociación sen ánimo de lucro que pretende apoiar e difundir a artesanía, os saberes tradicionais e os coñecementos sobre a terra, as plantas e os seus usos, vinculados ao medio rural galego, pola custodia do territorio e cun enfoque de xénero.

0.18788981437683