As Espigadoras de Portomarín poñen en marcha obradoiros de cestaría e encardenación
A asociación As Espigadoras de Portomarín pon en marcha novos obradoiros en Caborrecelle. O sábado 18 de maio organizan un obradoiro de papel reciclado e encadernación xaponesa. A actividade impartirase de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. As actividades continúan o domingo 26 de maio no que organizan un curso de cestaría de 10.30 a a 13.30 horas.
A última proposta deste mes de maio chega o día 26 cun obradoiro de cestaría a horta de 10.30 a 13.30 horas. O programa continúa en xuño cunha actividade de aproveitamento de plantas medicinais, que terá lugar tamén en Caborrecelle o 8 de xuño de 10.30 a 13.30 horas.
Os interesados en participar nalgunha das actividades poden confirmar a súa asistencia a través do correo asespigadoras@gmail.com ou do 659 286 528. As Espigadoras é unha asociación sen ánimo de lucro que pretende apoiar e difundir a artesanía, os saberes tradicionais e os coñecementos sobre a terra, as plantas e os seus usos, vinculados ao medio rural galego, pola custodia do territorio e cun enfoque de xénero.