As estruturas afectadas na Ponte Romana de Lugo non se renovarán este ano

LugoXa
A Tenencia de Alcaldía garante que a reparación se realizará seguindo o proxectado, unha vez as condicións climáticas o permitan
obras-consolidacion-ponte-romana-lugo
24 Xul 2024

A Tenencia de Alcaldía, ante a preocupación amosada nas últimas xornadas, garante que a reparación da Ponte Romana se realizará seguindo o proxectado, unha vez as condicións climáticas o permitan. Os servizos técnicos municipais continúan a realizar seguimento do estado da Ponte, avaliando o desgaste da estrutura e a situación da consolidación da estrutura realizada no pasado verán.

A renovación integral das estruturas afectadas na Ponte non se poderá realizar este ano debido ás condicións climáticas, dado que na actualidade o río traslada un caudal de 15 metros cúbicos, cando estes traballos se deben realizar en período de estiaxe para garantir a seguridade tanto da estructura como do persoal.

Co obxectivo de optimizar os recursos municipais, e ante a imposibilidade de executar estes traballos neste exercicio orzamentario, a partida reservada a esta actuación utilizouse para o arranxo de outras infraestruturas públicas, buscando garantir o benestar da veciñanza en toda a cidade. A Tenencia de Alcaldía continuará a reservar unha partida orzamentaria para a renovación da Ponte Romana no vindeiro orzamento municipal.

Os servizos técnicos da concellería de Infraestruturas Urbanas levan meses avaliando o desgaste da Ponte Romana. Durante a época de menor caudal do ano 2023, realizouse unha intervención para paliar os danos ocasionados pola crecida de caudal do inverno, co obxectivo de garantir a integridade dos distintos piares e frear o desgaste da Ponte. Nesta intervención colocáronse láminas de madeira hidrófuga reforzadas por unha estrutura que permite frear a erosión da auga, ademais de substituírse algúns dos sillares danados, garantindo  o mellor estado de conservación da Ponte cunha acción rápida antes da crecida do caudal. E

sta intervención executouse seguindo as recomendacións dun estudo de arquitectura con máis de 35 anos de experiencia na consolidación, reparación e rehabilitación de pontes de pedra. A solución definitiva debe executarse na época de baixo caudal de auga do río, dado que os procedementos construtivos para a execución da restauración son moito máis complexos con caudal alto.

0.12875604629517