As exposicións para desfrutar este mes no Vello Cárcere
O Vello cárcere acolle durante todo o ano exposicións permanentes e temporais que se poden desfrutar no seu horario de apertura o público todos as mañás de 11:00 a 14:00 h e as tardes de domingo a mércores de 17:00 a 20:30 e de xoves a sábado de 17:00 a 22:30. Este mes de agosto estas son as exposicións dispoñobles.
Exposición Permanentes
O vello cárcere, da guerra a posguerra. É unha exposción sobre as presas e presos políticos da Guerra Civil e da Posguerra, organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
Elas. Exposición da investigadora Aurora Marco que reivindica a presenza da muller galega en diferentes ámbitos, completada con dezaseis serigrafías das artistas Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, Maria Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro ou Vanessa Lodeiro.
Exposición Temporais
Serie Amarilla: Exposición pictórica do artista ourensán Xaime Quessada onde narra as guerras que aconteceron nos derradeiros anos da súa vida. A exposición poderá visitarse ata o 2023.
Pablo Auladell. O paraíso perdido de John Milton: Esta mostra adéntrase nos abismos do inferno e da psicoloxía humana, na dicotomía entre a omnipotencia divina e o libre albedrío dos homes, entre o ben e o mal, entre a aceptación e a rebelión. Pablo Auladell adéntrase, á súa vez, no Paraiso e Milton recollendo a súa propia interpretación contemporánea e realizando con ela unha adaptación en clave de mirada e de trasvase a unha linguaxe distinta. Este traballo fíxose merecedor do Premio Nacional de Cómic polo seu “gran valor artístico, a forza visual, o uso orixinal da iconografía e a narrativa que consegue ao mesmo tempo ser arquetípica e plenamente actual”.
Esta exposición recolle unha selección de máis de 40 ilustración orixinais e bosquexos divididos en catro cantos: Satán, Un xardín das delicias, Os primeiros recordos do mundo e E espada flamixera. Durante o percorrido, ademáis de admirar as ilustracións, un pode articular a historia xa que as obras foron situadas na orden a que aparecen na novela gráfica e apóianse en textos que axudan a seguir a narración. O proceso creativo da adaptación do poema tamén acoupa lugar nesta exposción, cun contido que foi pensado, planificado e debuxado ao longo de cinco anos. Poderá visitarse durante os meses xullo, agosto e setembo.
Atlántcas: A artista coruñesa Viki Rivadulla preséntanos Atlánticas, mulleres do Nordés, unha exposición homenaxe ás mulleres da Costa da Morte. Este conxunto de acrílicos amosan unha visión onírica da figura feminina do litoral galego.
A través da representación de mulleres e símbolos mariños, a artista transmite unha forma de vida e unha cultura do mar da que forma parte e que nos últimos tempos periga. Ë un canto de resistencia e liberdade nas voces das mulleres do mar. Está dispoñible todo o mes de agosto.
Tinga Tinga: O tingatinga ou arte que fai sorrir é o xénero pictórico africano orixinario de países como Tanzania ou Kenia que presenta o artista Allen Enonck Abeid nas celas da planta baixa do panóptico. Baixo o titulo Tinga Tinga esta mostra mergúllanos na tradición e no imaxinario do pobo africano a través das costumes do pobo masáo e da súa flora e fauna, como tamén mediante unha paleta cromática moi luminosa, o trazo marcado e a predominancia da liña curva. Pódese visitas dende o 15 de xullo ao 31 de setembro
Liberarte: O colectivo Alterarte presenta a mostra temporal LIberArte, na que 17 artistas exponen a súa obra pictórica e escultórica de forma colectiva. Trátase dun conxunto de máis de 50 pezas realizadas con diferentes técnicas e materiais, que abrangue estilos moi diversos que van dende o realismo ata a abstracción e representan temáticas como a paisaxe, o retrato ou a natureza morta. Pódese visitas dende o 15 de xullo ata o 15 de outubro.