As Festas das Gándaras 2025 celébranse con música e tradición do 14 ao 22 de marzo

As Festas das Gándaras 2025 xa están aquí, e do 14 ao 22 de marzo, Lugo encherase de música, festa e tradición en honra a San Xosé.
Durante estes días, veciños e visitantes poderán gozar dun completo programa de actividades con pasarrúas, verbenas, churrascadas, eventos infantís e a agardada Xuntanza de Tunas.
O comezo da festa será o venres 14 co chupinazo ás 21.00 horas, seguido dunha verbena coas orquestras Origen e Olympus. O sábado 15, a celebración continuará coa sesión vermú do dúo Epok e a verbena nocturna a cargo de Los Satélites e Kubo.
O domingo 16 comezará con pasarrúas e a misa solemne, seguida do pregón a cargo de Eduardo Iglesias Ramiro (Coné). A música seguirá coa sesión vermú de Ritmo, a actuación infantil de Total Sport e unha verbena con Ritmo.
Desde o luns 17 ata o martes 19, haberá carruseis, espectáculos infantís e actuacións musicais, destacando a verbena con Dilema o martes e a tradicional churrascada veciñal o mércores, con verbena da orquestra La Bamba.
O broche final poñerao a 2ª Xuntanza de Tunas das Gándaras, con actividades desde o venres 21, como actuacións nos bares e un gran concerto na residencia de maiores o sábado 22.