As festas de Adai, no Corgo, comezan cunha sesión de cine ao aire libre

LugoXa
A localidade de Adai, no Corgo, está de festa desde o domingo ata o martes comezando cunha sesión de cine na rúa .
festas adai corgo portada
21 Xul 2023

A localidade de Adai, no Corgo, está de festa desde o domingo ata o martes comezando cunha sesión de cine na rúa no campo da feira dentro do proxecto Corgoral. Representarase Crebinsky a partir das 22.00 horas.

O luns 24 haberá churrascada ás 22.00 horas cun aforo limitado polo que haberá que confirmar asistencia. A continuación será a vez da verbena, da que se encargará o dúo Explosión.

O martes 25 comezarán os actos coa misa solemne e a procesión, á que seguirá a sesión vermú coa actuación musical do grupo Pekados, que tamén fará a verbena.

festas adai corgo
0.096465110778809