As funerarias contarán cun sistema de cita previa para enterrar no cemiterio de Lugo

LugoXa
Lugo incorpora un novo sistema de cita previa que se poñerá en marcha nos vindeiros días no Cemiterio Municipal.
12 Abr 2024

Lugo incorpora un novo sistema de cita previa que se poñerá en marcha nos vindeiros días no Cemiterio Municipal. O sistema, que estará dispoñible para as principais funerarias, permitirá "mellorar os enterramentos no cemiterio, ao simplificar o traballo das funerarias", explicou Cristina López.

Deste xeito, tradúcese “nunha mellor xestión para a veciñanza, que poderá escoller de outra maneira o horario do enterramento, nunha instalación que realiza enterramentos os 365 días do ano". Esta medida ponse en marcha xunto coa ampliación das franxas de enterramento do cemiterio, medida que garante unha maior dispoñibilidade horaria no cemiterio, acollendo ata 6 enterros diarios de luns a sábado.

Desde o pasado día 1, pódense organizar enterros entre as 10.30 e as 18.00 de luns a sábado, un cada hora entre as 10.30 e as 13.30 e dous en horario de tarde, ás 17 e ás 18 horas. O horario da instalación é de de 9.30 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00. de luns a sábado e os domingos e festivos de 9.30 a 14.30 horas. Con esta medida, amplíanse ata 6 os enterros realizables nas xornadas de luns a sábado, xunto cos 4 que se poden realizar no horario de domingo.

Nas xornadas de maior afluencia de visitantes, o horario de visitas será ininterrompido entre as 09.30 e as 19.00. Este horario aplicarase os días 17 de marzo, 5 de maio, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.

0.1046781539917