As Gándaras comeza hoxe as súas festas

LugoXa
O barrio das Gándaras celebra as súas festas patronais este fin de semana que dan comezo hoxe ás 20.30 co pregón
Festas Gandaras portada
16 Mar 2023

O barrio das Gándaras comeza hoxe as celebracións das súas festas na honra de San Xosé que durarán ata o domingo.

Ás 20.30 dará comezo o pregón para continuar ás 21.00 cunha churrascada popular. Para finalizar a xornada ás 21.30 será o turno da verbena que correrá a cargo de Verónica Cambón.

O venres 17 de marzo a orquestra París de Noia será a encargada de amenizar a noite cunha actuación que dará comezo ás 22.00.

A programación do sábado dará comezo ás 11.00 cun pasacalles con música tradicional para continuar cunha misa ás 13.30.

Ás 14.30 será a hora da sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate e desde as 12.00 ata as 16.00 haberá unha exposición de coches clásicos.

A verbena do sábado contará coas actuacións da orquestra Escaparate e Los Satélites e dará comezo ás 22.00.

O domingo 19, día do patrón, as celebracións darán comezo ás 11.00 cun pasacalles con música tradicional para continuar ás 13.30 coa misa solemne. A sesión vermú será ás 14.30 e estará a cargo da orquestra Acordes.

Xa pola tarde, ás 17.00 haberá unha festa infantil e finalizarán as festas cunha sesión de tarde ás 20.30 a cargo da orquestra Acordes.

Festas Gandaras cartel
0.21278500556946