As Gándaras presenta o programa das festas de San Xosé 2026 con cinco días de música

LugoXa
París de Noia, Los Satélites, Marbella ou Escaparate encabezan unha programación que se celebrará do 18 ao 22 de marzo
Festas-as-Gándaras-2024
6 Mar 2026

Lugo celebrará do 18 ao 22 de marzo unha nova edición das Festas de As Gándaras na honra de San Xosé, cun programa cheo de música, verbenas, sesións vermú e actividades para todas as idades.

A programación comezará o mércores 18 de marzo cun chupinazo ás 21.00 horas, seguido dunha gran verbena amenizada pola orquestra París de Noia a partir das 22.00 horas. Durante o descanso terá lugar tamén a actuación do DJ gañador do primeiro concurso de DJs amateurs organizado polo restaurante Anllo Muimenta.

O xoves 19 de marzo, día do patrón, arrancará cun pasarrúas ás 11.00 horas a cargo da Charanga 555. Ás 14.00 horas celebrarase unha sesión vermú prolongada co dúo Venus, mentres que pola noite, ás 22.00 horas, terá lugar unha das grandes verbenas das festas coa actuación da coñecida orquestra Los Satélites.

O venres 20 de marzo estará dedicado tamén á convivencia veciñal. Ás 17.00 horas a solista Ayxa Romay actuará na residencia de maiores e, xa pola noite, ás 21.00 horas, celebrarase unha churrascada veciñal acompañada de verbena e actuación musical.

O sábado 21 de marzo haberá propostas pensadas para todos os públicos. A partir das 14.00 horas terá lugar unha sesión vermú coa actuación de Tapyöka. Pola tarde, ás 17.00 horas, celebrarase unha festa infantil e unha merenda para os nenos e nenas. A xornada rematará cunha gran verbena nocturna coas orquestras Marbella e Tapyöka.

As festas concluirán o domingo 22 de marzo cun pasarrúas ás 11.00 horas a cargo dun grupo de música tradicional. Ás 14.00 horas terá lugar o pregón, que este ano correrá a cargo de Fran do Cruce. A partir das 14.15 e ata as 22.00 horas celebrarase a terceira edición da sesión vermú “Non Stop (A Orixinal)” coa actuación de Escaparate e os DJs CosmedeJay, Dmirón, Edu Yepes e Patakiña.

Durante a xornada do domingo haberá tamén servizo de polbo e churrasco no campo da festa, ademais de prezos populares nos bares instalados no recinto.

0.12059497833252