As Gándaras recupera o seu San Xoán


O barrio das Gándaras recupera a celebración do San Xoán. Os veciños e veciñas organizan a cita o vindeiro 23 de xuño a partir das 13.00 horas no campo da festa. Ao mediodía poderán gozar de sesión vermú e música, que será protagonista durante toda a xornada.
Contarán coas actuacións de Tetén, Jairo LQ e Dj Paykas. Xa á noite, haberá unha churrascada veciñal, a partir das 20.00 horas, antes de prender a fogata.