As mellores xogadoras de billar compiten pola Copa de España en Adai

LugoXa
O Club de Billar Adai organizará a IV Copa de España Feminina días 6 e 7 de abril.
copa_de_espana_feminina_club_billar_adai scaled
8 Mar 2024

O Club de Billar Adai organizará a IV Copa de España Feminina días 6 e 7 de abril. Deste xeito, as instalacións do club no Corgo recibirán as mellores xogadoras de España na penúltima proba do circuíto nacional, a falta só dos Campionatos de España Femininos que se levarán a cabo entre o 29 de maio e o 2 de xuño en Asturias. Ambas citas resultarán decisivas para determinar a clasificación para os Campionatos de Europa de Billar 2025.

Así, agárdase que as mellores xogadoras do panorama nacional acudan ao evento de Adai porque están en xogo dúas prazas para os europeos, que sairán da clasificación definitiva das catro copas disputadas nos últimos meses en Alicante, Asturias, Salamanca, e agora Lugo. Haberá unha terceira praza, que se resolverá en xuño no campionato asturiano.

Na presentación do evento estiveron presentes o presidente e a secretaria da entidade, Pablo Marqués e Belén Encabo,  Javier Arias e Manuel Otero por parte da Xunta, que colabora para impulsar a cita, e o alcalde do municipio, Felipe Labrada, entre outros.

O Club de Billar Adai é dos poucos de España situados nun encrave rural, sendo esta a primeira ocasión en que se celebra unha proba desta relevancia nun núcleo non urbano, o que tamén xera expectación entre as participantes. O campionato será retransmitido vía streaming a través da plataforma especializada en billar www.cuescore.com e nas redes sociais dos organizadores.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18698596954346