As Mulleres Rurais de Pol amplían o catálogo de actividades
A Asociación Mulleres Rurais de Pol continúa neste 2022 con varias das súas actividades e amplía o catálogo con un de costura.
Así, continúan con ioga, pilates e clases de piscina e aguagym.
Os luns teñen lugar as clases de ioga de 16.00 a 17.00 horas, dirixidas por Donvina e o martes (de 23.00 a 24.00 horas) e xoves (de 21.30 a 22.30 horas) é a vez das de pilates, con Rocío, unha das actividades de máis éxito, xa que tivo que dobrar o seu horario. Nos tres casos teñen lugar no local da Carballeira.
Ademais, o mércores contan con piscina y agyagym, de 21.30 a 22.15 horas, a cargo de Miguel na piscina da Pastoriza.
Engaden ahora clases de costura e bolillos os xoves de 16.00 a 18.00 horas na biblioteca de Mosteiro, que serán impartidas por Marisa a partir do mes de abril.
Para inscribirse hai que poñerse en contacto coa asociación a través dos teléfonos 633 378 590, 666 230 570 e 616 129 825.