As Mulleres Rurais de Pol celebrarán este ano a Cabalgata de Reis na tarde do día 4
LugoXa | TerraChaXa
Tomouse esta decisión de acordo co Concello, xa que o día 5 coincide en domingo
17 Dec 2024
A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol, xunto ao Concello, volverá ocuparse de celebrar a cabalgata de Rei, unha actividade clásica neste concello.
Dende a directiva confirmaron que se seguirá co modelo tradicional que tanto éxito ten todos os anos.
Pero nesta ocasión, a cabalgata será o día 4, ás 16.00 horas, coa súa chegada á praza do Concello, para pasar despois á recepción oficial e a parte máis esperada, a entrega de agasallos aos pequenos do municipio.
Tomouse esta decisión de acordo co Concello, xa que o día 5 coincide en domingo.
Ademais dos pequenos, os maiores do concello tamén son protagonistas este día xa que recibirán tamén a visita dos Reis Magos.