As Mulleres Rurais de Pol recuperarán este ano a Cabalgata de Reis o día 5
TerraChaXa | LugoXa
Mulleres Rurais Olvido de Pol anunciou que este ano volverá ocuparse de celebrar a cabalgata de Rei tras tres anos sen celebrarse.
11 Dec 2022
A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol anunciou que este ano volverá ocuparse de celebrar a cabalgata de Rei tras tres anos sen celebrarse, concretamente dende o 2020.
Aínda que o programa está a desenvolverse, dende a directiva confirmaron se se seguirá co modelo tradicional que tanto éxito tivo antes da covid.
A cabalgata será o día 5 pola tarde cun percorrido polo pobo para pasar despois á recepción oficial e a parte máis esperada, a entrega de agasallos aos pequenos do municipio.
Ademais dos pequenos, os maiores do Concello tamén son protagonistas este día xa que habitualmente reciben a visita dos Reis Magos pero estudarase este punto e farase en función das recomendacións sanitarias.