As Nogais abre o proceso para contratar a un socorrista

LugoXa
O Concello das Nogais vén de pressentar as bases que rexen a convocatoria para a contratación temporal dun socorrista.
as nogais
23 Maio 2022

O Concello das Nogais vén de publicar as bases que rexerán a convocatoria para a contratación dun socorrist, de xeito temporal, ao abeiro do programa de axudas e subvencións para o Fomento do Emprego e Mellora da Empregabilidade da Xunta.

O contrato do socorrista para a piscina municipal das Nogais ten unha duración de dous meses, do 1 de xullo ao 31 de agosto. A selección do persoal a contratar se formulará a través dunha oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Non se requerirá a presentación de instancias, xa que os candidatos deberán figurar na lista remitida polo Servizo Público de Emprego, en contestación á correspondente oferta. Con todo, a modalidade de procedemento será o concurso de méritos.

Os candidatos desempregados deberán acompañar no día sinalado pola Oficina de Emprego, para a súa presentación no Concello das Nogais, a documentación sinalada nas bases, obxecto de valoración no procedemento de selección, xunto co DNI ou documento similar que acredite a súa identidade.

0.12430500984192