As Nogais arranca a súa XV Feira da Empanada

LugoXa
O Concello das Nogais celebra esta fin de semana a súa tradicional Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares.
Feira da Empanada
28 Maio 2022

As Nogais celebra esta fin de semana a súa XV Feira da Empanada e outros Produtos dos Ancares. A feira arrancará hoxe, ás 19.30 cunha representación teatral e un coloquio a cargo da Asociación Cultural Abrente.
Xa á noitiña, ás 21.00 horas, terá lugar unha toucxiñada e chourizada popular e, ás 22.30 horas, dará inicio a gran verbena a cargo del grupo D’Caché.

A feira de verdade comezará o domingo ás 10.00 horas coa apertura dos postos onde se poderá degustar a empanada e outros produtos dos Ancares. ÁS 13.15 horas será o pregón, a cargo do presentador de televisión Arturo Fernández que dará comezo a unha representación dos maios a cargo dos nenos da Asociación Cultural Abrente.

0.11539912223816