As Nogais celebra a XVII edición da Feira da Empanada


As Nogais volverase a converter en capital gastronómica coa nova edición da Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares. A cita, que chega a súa décimo sétima convocatoria, terá lugar o 25 e o 26 e maio. O sábado haberá touciñada popular na praza do concello a partir das 21.00 horas e verbena, xa ás 22.30 horas, con DBC Disco Móbil.
O programa continúa o domingo 26 coa apertura dos postos da feira a partir das 10.00 horas. Xa ás 12.30, os asistentes poderán gozar da actuación da Gastro Tuna de Cacabelos. A continuación, haberá misa solemne cantada pola coral Cristo dos Ancares e ás 13.30 horas saúdo de benvida por parte da organización. Pola tarde haberá música e baile tradicional a carg da asociación cultural Abrente das Nogais e xa ás 19.30 terá lugar a clausura da feira.
