As Nogais celebra este mes a XV Feira da Empanada

LugoXa
O Concello das Nogais celebra a última fin de semana de mes a XV Feira da Empanada e outros produtos dos ancares.
Feira da Empanada
10 Maio 2022

O Concello das Nogais celebra a última fin de semana de mes a XV Feira da empanada e outros produtos dos ancares. Unha celebración que arrincará o vindeiro sábado, 28 de maio ás 19.30 horas, cunha representación teatral e un coloquio a cargo da asociación cultural Abrente.

Ás nove da noite a organización ten preparada unha chourizada e touciñada amenizada con música, que rematará ás 22.30 horas coa verbena do grupo D’Caché.

O domingo 29 será o día no que se honre ao manxar galego. Ás 10 da mañá abrirán os postos da feira e, máis tarde, o presentador nogueirense, Arturo Fernández, será o encargado da lectura o pregón.

De novo, a asociación cultural Abrente será a encargada de poñer a música durante o mediodía cunha representación dos maios realizada polos nenos da asociación. Será ás 19.30 horas cando se celebre a clausura da Festa.

0.20930123329163