As Nogais recupera a tradición na III Ruada 1990
A asociación cultural Abrente das Nogais pon en marcha a III Ruada 1990 coa que volven ao pasado e poñen en valor a tradición, os oficios e a música. A cita será o 17 de agosto no municipio a partir das 17.00 horas con obradoiros de instrumentos musicais, representación de oficios e gastronomía música. Máis tarde, Alba María ofrecerá un obradoiro e mostra de regueifa e, xa ás 18.30 horas, organizarán xogos populares para nenos.
A partir das 19.00 horas actuarán Airiños do Neira, Xardois, Banda de gaitas Vega de Espinareda e a asociación Abrente. Os asistentes tamén poderán gozar de baile a partir das 201.5 horas e de pancetada e chourizada de balde. Ás 22.00 horas actuará o grupo Ailá e para rematar terá lugar unha foliada e queimada abertas. Na cita colaboran a asociación de mulleres Conavia, As Bulidoiras, a asociación de empresarios das Nogais e a comisión de festas das Nogais.