As novas oficinas do SEPE no barrio da Residencia atenderán a máis de 27.000 lucenses

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, as novas oficinas do SEPE na cidade, situadas na antiga escola de Enfermería, no barrio da Residencia.
sepe_residencia
18 Mar 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, as novas oficinas do SEPE na cidade, situadas na antiga escola de Enfermería, no barrio da Residencia. Estas novas instalacións, que xa se atopan en funcionamento, integran os servizos que ofrecían as oficinas de Acea de Olga e o barrio Feijóo.

Alvarellos agradeceu ao Goberno Central a súa aposta decidida pola materialización destas novas instalacións mediante a cesión gratuíta dos terreos e un investimento de 1,2 millóns de euros que permitiu o acondicionamento do edificio e o traslado das dúas oficinas que ata o de agora prestaban os seus servizos nas rúas Río Cabe e Campos Novos.

Coa posta en funcionamento destas novas instalacións “gaña toda a cidadanía lucense pero, especialmente, a veciñanza da Residencia, pois sen dúbida contribuirán a dinamizar esta zona e a impulsar a súa actividade diaria”, asegurou a rexedora. Neste senso, lembrou “a implicación veciñal para demandar novos servizos para este barrio mediante a rehabilitación das instalación que quedaron en desuso trala apertura do HULA no ano 2011, reivindicación compartida e apoiada polo Goberno local”.

Media de 100 persoas ao día

Ademais, apuntou que “dende o Concello sempre tendemos a man para colaborar neste proxecto, dende intentar axilizar as licenzas para que fose o máis rápido posible, a xestión das acometidas de saneamento, abastecemento e electrificación... así como asumindo o mantemento da iluminación e das zonas verdes que se xeraron no entorno”.

As novas dotacións non só incrementarán a comodidade do persoal, “senón tamén dos usuarios á hora de pedir información, asesoramento ou realizar as xestións oportunas relacionadas co mercado laboral”. Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia destacou a funcionalidade das novas oficinas, que atenderán anualmente a máis de 27.000 lucenses, pasando por estas instalacións unha media de 100 persoas ao día.

No último ano o SEPE realizou na provincia de Lugo “preto de 33.000 xestións, nas que sobresaen a tramitación das prestacións por desemprego, que sumaron na provincia 109 millóns de euros”. Desta cantidade, Pedro Blanco detallou que na cidade de Lugo tramitáronse o 46 % do total de prestacións por desemprego, con 50 millóns de euros abonados na capital.

0.099269866943359