As obras do viaduto do Castro obrigan a desviar o tráfico ao seu paso por Pedrafita
Pedrafita do Cebreiro acolleu na mañá de hoxe unha xuntanza na que se ultimaron os preparativos dos desvíos de tráfico na A-6 que é preciso poñer en marcha debido ás obras de reparación do viaduto do Castro.
Así mesmo, recordouse que xa se efectuaron na A-6 os traballos de rehabilitación nos viadutos de Ruitelán e As Lamas, nos que se investiu 7,3 millóns de euros, e que se avanza agora nos traballos de conservación e reparación do Castro, nos que xa se realizaron as labores de inspección.
Así pois, o comezo das obras de conservación obrigan a desviar o tráfico pola N-6 ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro. Esta medida, que está prevista a partir das 16 horas de hoxe, afectará só á circulación entre os ppkk 428 e 432 da A-6 en sentido A Coruña. O tráfico en dirección Madrid poderá continuar circulando pola A-6, con un único carril operativo e unha restrición para os vehículos de masa superior a 44 toneladas.
O tránsito de peregrinos manterase a través do Camiño Francés por Herrerías ata O Cebreiro. Por razóns de seguridade, debido ao desvío do tráfico de vehículos entre os ppkk 429 e 432 da N-6 estará prohibido o paso de peóns e ciclistas.