As obras en Quiroga Ballesteros sacan á luz novos restos arqueolóxicos
Os traballos que se están a levar a cabo para a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros sacaron este martes á luz novos restos arqueolóxicos.
Segundo os exames preliminares realizados polo equipo de arqueoloxía da obra, trátase dunha continuación da Domus da que se veñen atopando restos durante todo o desenvolvemento da obra. En concreto, estes últimos achádegos serían un fragmento da entrada dunha das estancias do edificio ubicado baixo o Centro Social Uxío Novoneyra, e formado por elementos de pedra e cerámica.
Este fragmento está en mellor estado de conservación que os restos desenterrados anteriormente, segundo explicou o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, quen tamén informou de que nos vindeiros días o personal de arqueoloxía da obra, do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia farán "un estudio arqueolóxico pormenorizado" para determinar o seu posible valor histórico.
"Trátase de novos restos que poñen de relevo o gran valor patrimonial que posúe a nosa cidade", explicou Rubén Arroxo, “e unha vez coñezamos os resultado da análise, valoraranse os pasos a dar para a súa conservación”.