As obras no centro de Lugo obrigan a modificar a ordenación de tráfico en Santo Domingo
As obras do proxecto Corazón Verde no entorno da praza de Santo Domingo obrigan a realizar un cambio temporal na ordenación do tráfico. Co fin de retirar unha tubería de fibrocemento situada na parte superior da praza, dende este xoves e ata novo aviso o acceso tanto á rúa Armañá como a rúa San Marcos realizarase subindo pola rúa Teatro –como ata agora–, pero dando a volta á glorieta da Aguia Imperial, deixando libre o espazo paralelo á entrada do aparcadoiro.
É dicir, se agora os vehículos subían pola rúa do Teatro e bordeaban pola dereita a Águila Imperial, agora farano pola esquerda. A retirada e substitución destas tubaxes esixe dunha ocupación temporal da vía que se manterá ata novo aviso. Aproveitando esta circunstancia, se realizarán outras tarefas para avanzar na peonalización da praza como labores de pavimentación.