As ONG's de Lugo xa poden solicitar as subvencións municipais

LugoXa
Ya se pueden solicitar las subvenciones municipales para las ONG's que realizan proyectos de cooperación social en Lugo.
Concello de Lugo
12 Apr 2022

Dende este luns permanece aberto o prazo para que as ONG’s que desenvolven proxectos de cooperación e sensibilización social en Lugo poidan concorrer ás subvencións municipais.

As convocatorias saían publicadas o pasado sábado no Boletín Oficial da Provincia, inciándose, así, este luns, o período de 15 días hábiles para solicitar a súa concesión.

A concelleira de Benestar, Olga López Racamonde convidou ás entidades non gubernamentais a participar námbolos dous procesos e a solicitar estas achegas para as que o Goberno de Lara Méndez habilitou senllas partidas de 70.000 euros, no caso dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento e de 10.000 euros para os de sensibilización social na cidade.

“Dende os Servizos Sociais municipais animamos ás organizacións locais a presentar as súas propostas nas próximas semanas e a aproveitar a existencia destes fondos para tratar de poñer en marcha as súas iniciativas no eido da colaboración internacional e a concienciación cidadá. Non queremos que ningunha actuación interesante se quede no caixón por deixar pasar esta oportunidade”.

López Racamonde indicou que os colectivos interesados teñen agora 15 días hábiles para solicitar estas axudas que se resolverán nun prazo de 6 meses.

Para a súa concesión, teranse en conta, entre outros aspectos, a experiencia da organización, a sostibilidade da intervención ou o grao de adecuación do proxecto ás prioridades recollidas nas bases.

De xeito que, por unha banda, as accións deben dar cobertura ás necesidades básicas e ao desenvolvemento económico das rexións ás que se dirixen, incidindo na mellora da educación básica, a creación de redes de abastecemento de auga e saneamento, o incremento da habitabilidade ou con programas de saúde xeral da poboación, ao tempo que se incorporan as prioridades transversais da cooperación galega incluídas no IV Plan director que se prorrogou até finais deste ano; mentres que, pola outra, as campañas de concienciación deben dar a coñecer a realidade dos países máis desfavorecidos e as causas que xeran a pobreza así como a defensa, especialmente, da situación da infancia, a muller, a xuventude, as persoas indíxenas, refuxiadas ou desprazadas.

0.14120578765869