As parroquias de Bolaño e Sampaio, en Castroverde, celebran o San Ramón
LugoXa
No caso de Sampaio organizan unha sesión vermú e verbena, mentres que en Bolaño preparan unha xuntanza cos veciños con xantar popuar e sesión de tarde
Foto recurso
29 Ago 2024
Sampaio, en Castroverde, celebra as festas na honra a San Ramón o día 31 de agosto. A partir das 13.30 horas, haberá misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú co Grupo Fénix que estará acompañado da orquestra Foliada á noite.
Pola súa parte, en Bolaño tamén organizan nesta xornada unha xuntanza para os seus veciños. Haberá misa na honra a San Ramón, seguida de sesión vermú a partir das 14.00 horas. Despois do xantar, que dará comezo ás 15.00 horas, os asistentes poderán gozar dunha sesión de tarde.