As piscinas de Antas abrirán ao público na vindeira semana
O Concello de Antas de Ulla decide agardar ata a vindeira semana para abrir as piscinas municipais ao público. O Goberno local cre que, por prudencia, e atendendo aos datos epidemiolóxicos, o mellor é que as instalacións abran as súas portas a semana próxima. A evolución da pandemia será a que determine a data máis oportuna, que será comunicada a través da páxina de facebook do Concello.
Mentras, os técnicos municipais traballan estes días nas instalacións para ultimar todos os detalles e que as piscinas estean en perfecto estado no momento da súa apertura.
Unha vez se proceda á dita apertura, os usuarios e usuarias terán que cumprir a normativa relacionada coas medidas de contención da covid19, que poderán consultar co socorrista ou nas dependencias municipais.