As piscinas de Outeiro de Rei abrirán este martes despois das tarefas de mantemento

LugoXa | TerraChaXa
As instalacións estarán dispoñibles todos os días en horario de 12:00 a 20:00 horas
piscinas-outeiro-de-rei
23 Jun 2025

O Concello de Outeiro de Rei informa a todos os veciños e visitantes da apertura oficial das piscinas municipais o vindeiro martes, 24 de xuño, dando así a benvida á tempada de verán.

As instalacións estarán dispoñibles todos os días en horario de 12:00 a 20:00 horas, ofrecendo á cidadanía un espazo de lecer, deporte e goce nunha contorna segura e adaptada a todas as idades.

Desde o Concello convídase a gozar desta infraestrutura municipal, que foi obxecto de tarefas de mantemento e posta a punto para garantir as mellores condicións de uso e seguridade.

Os prezos serán ao día de 1 euro para menores de 18 anos (para os de menos de 3 será gratis) empadroados en Outeiro de Rei e de 2 euros para o resto. Para os non empadroados a tarifa será de 5 euros e 10, respectivamente. Os bonos de tempada terán un prezo de 30 euros por familia.

⚙ Configurar cookies
0.17263388633728