As piscinas de Rábade abren o martes
LugoXa | TerraChaXa
Como en anos anteriores o seu horario será de 12 a 20 horas de xeito ininterrompido

Piscina de Rábade
30 Jun 2025
Un ano máis as piscinas de Rábade abren este martes, 1 de xullo, as súas portas para a tempada de verán despois dos traballos de acondicionamento. Estas instalacións están situadas a carón do Río Miño, nun entorno privilexiado, preto do edificio do Portazgo e da Ponte Medieval.
Como en anos anteriores o seu horario será de 12 a 20 horas de xeito ininterrompido ata o 31 de agosto. A compra de bonos pode facerse xa na sede electrónica.