As piscinas municipais de Baleira abren do 1 de xullo ao 31 de agosto con entrada gratuíta

O Concello de Baleira informa da apertura das súas piscinas municipais para a tempada de verán 2025. As instalacións estarán en funcionamento desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, cun horario continuo de 12:00 a 20:00 horas e entrada totalmente gratuíta para todas as persoas usuarias.
Desde o goberno local convidan á veciñanza e visitantes a achegarse ás piscinas para gozar dun espazo de lecer e refresco nestes meses de calor.
Como cada ano, o recinto conta cunha ampla zona de baño e un entorno axeitado para o descanso e a convivencia, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de ocio saudable e accesible durante o verán.