As producións ‘O último día na terra’ e ‘Propósitos’, premiadas no Findecurta

LugoXa
O último día na terra de Loureiras Producións obtivo o Premio do Xurado na novena edición de Findecurta, certame cinematográfico promovido pola Área de Cultura da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo.
findecurta
6 May 2024

O último día na terra de Loureiras Producións obtivo o Premio do Xurado na novena edición de Findecurta, certame cinematográfico promovido pola Área de Cultura da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo. O xurado integrado por Ángela Morales e Víctor Dupla destacou do traballo premiado a “realización moi completa e complexa a nivel de imaxe, son e interpretación”. A acta tamén destaca “a orixinalidade da idea, complexidade da posta en escena e o talento interpretativo, utilizando a linguaxe do humor negro”.

O galardón ten unha dotación económica de 400 euros e supón ademais a participación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega. Pola súa parte, o Premio do Público recaeu en Desviadas pola curta Propósitos, peza que participará na Semana de Cine de Lugo onde tamén competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.

O xurado outorgou tamén dúas mencións especiais. A primeira delas foi para Pikotres por Menos tres ao tratarse do “máis cinematográfico dos traballos presentados, destacando a poética dos planos e a súa linguaxe próxima ao realismo máxico”. Pola súa parte, REFUXIO 22 por O primeiro día na auga foi tamén distinguido coa outra mención especial no acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria.

O ditame do xurado destacou este traballo “pola súa valente proposta creativa, pola súa notable calidade técnica e artística na execución, e por atreverse con valentía a poñer de relevo a temática da identidade de xénero cunha metáfora da morte como elemento transformador que dá paso a unha nova e esperanzadora vida”. Arredor de 300 persoas déronse cita na gala de entrega de galardóns do Findecurta do Campus de Lugo nesta última edición na que concorreron un total de 11 grupos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18756008148193