As promesas do piragüismo do Club Fluvial de Lugo completan o medalleiro na I Copa de España Sénior e Júnior
Os resultados nas últimas competicións deportivas continúan amosando o gran nivel dos deportistas da cidade. Os piragüistas do Club Fluvial de Lugo participaron na I Copa de España Sénior e Júnior que tivo lugar en Verducido (Pontevedra), onde quedaron cuartos na clasificacións por clubs e lograron un ouro, unha prata e dous bronces.
Deste xeito, Emily Fernández e Aida Fonseca quedaron primeiras en k2 200 júnior e Pelayo Roza e Cristian Toro lograron o segundo posto en k2 200m. Ademais, Nicolás Martínez e tamén Elena Magurean e Andrea Paraschiv lograron a terceira posición nas modalidades PK3 500 e en c2 junior 200m
Ademais nas finais B, Emily Fernández quedou primeira en Junior k1 1000, posición que tamén lograron Pablo Roza, Miguel Rouco, Roi Blanco e Adrián Jubón en k4 1000. Pola súa parte, Alina Salcutan Senior fíxose cun segundo psoto en C1 1000.