As promesas galegas do rugby reúnense en Lugo da man do Muralla nunha cita que aglutina a 240 xogadores
LugoXa
O Muralla continúa a súa aposta por poñer en valor o rubgy e levar ao máis alto esta práctica na nosa cidade que chegou a Lugo nos anos 80.
10 May 2024
O Muralla continúa a súa aposta por poñer en valor o rubgy e levar ao máis alto esta práctica na nosa cidade que chegou a Lugo nos anos 80. O equipo, que naceu da fusión do Xabarín e o Euita e suma unhas 150 licenzas, organiza o Torneo Final Copa Xunta sub14-18-16-senior masculino e feminino que renirá a 240 xogares e 20 equipos.
A cita será o vindeiro 17 de maio no estadio municipal Gregorio Pérez Rivera e a entrada é gratuíta polo que animan a todos os lucenses a achegar e a desfrutar dunha práctica coa que se promove o respecto, o traballo en equipo e a diversión.