As rúas de maior afluencia de Portomarín serán de uso peonil nas fins de semana

LugoXa
O Concello de Portomarín procederá a subir os bolardos para restrinxir os vehículos nas fins de semanas e nos días de maior afluencia onde se prevea un número elevado de xente.
24 Mar 2024

O Concello de Portomarín procederá a subir os bolardos para restrinxir os vehículos nas fins de semanas e nos días de maior afluencia onde se prevea un número elevado de xente. O horario da subida de bolardos será de 14.00 a 00.00 horas, período no que os tramos afectados serán de uso exclusivamente peonil.

Esta medida afectará ás rúas de maior afluencia da vila, concretamente ás rúas Compostela, Lugo, Fraga Iribarne e Praza do Camiño, tal e como o anunciou o alcalde do Concello, Pablo Rivas. A norma, que se fixo efectiva o pasado venres 22 de marzo, aplicarase todo os sábados e domingos ao longo deste ano, así como tamén as xornadas de festas ou eventos nos que se poidan congregar un número importante de asistentes no municipio e nos que os turismos non poderán circular por estas rúas.

0.19312310218811