As sinerxias da música e o audiovisual collerán forma o 8 de xaneiro na casa da música de Lugo

LugoXa
Ciclo Colusión unirá los talentos de la música y el audiovisual gallego en la casa de la musica de Lugo el 8 de enero.
ciclo colusion casa musica
3 Xan 2022

Enmarcada na programación para a xuventude lucense, o día 8 de xaneiro terá lugar na casa da música de Lugo o Ciclo Colusión, unha cita onde artistas musicais e visuais se encontrarán para ofrecer un espectáculo singular. Nos últimos tempos destacan grandes artistas galegos como Ortiga, Baiusa, Lois Patiño, Verto, as Tanxungueiras, etc.

Esta idea pretende unir as dúas artes, tanto as gráficas como as musicais para crear unha sinerxia de talento que fomenten os artistas emerxentes do panorama galego.

O ciclo creouse a través da xuntanza de dúas parellas de artistas, unha musical e outra audiovisual que non tiñan relación entre eles. Durante un mes e medio traballaron de maneira conxunta para crear a actuación que ofrecerán o vindeiro sábado na cidade amurallada. O resultado final son concertos excepcionais que fusionan ideas, pensamentos e modos de traballo.

A cita dará comezo ás 20.00 horas coa música de CRNDS e o vídeo de Inma Veiga, as dúas artistas residentes de Santiago de Compostela. CRNDS é un grupo musical que se encarga de realizar música electrónica a raíz da música tradicional galega. Por outra banda, Inma Veiga, orixinaria de Parga realiza obras nas que deixa ver as raíces do pobo interior galego.

Antes da seguinte actuación haberá un descanso cun pequeno aperitivo.

Ás 21:30 terá lugar o concerto da segunda parella conformada por Grima na parte musical e Raquel Álvarez na audiovisual. Nesta ocasión, as dúas artistas son de Pontevedra. Grima está formado por Facundo Pardo e Laura Vilar e xuntos dan vida a cancións grunge, metal, punk que os fan un referente no underground galego. Pola súa parte, Raquel Álvarez é unha artista en proceso de formación céntrase na produción de vídeo, foto e dirección artística sendo parte do equipo de F*ck this Studio en Vigo.

As entradas son de balde ata completar aforo. Precisa inscrición previa a través de http://formulario.xuventudelugo.gal/

0.1151008605957