As súas maxestades de Oriente recibirán á cativada de Antas de Ulla na praza Nova
LugoXa
O vindeiro día cinco Antas de Ulla contará cunha festa infantil chea de inchables e a visita dos Reis Magos
3 Xan 2024
O Concello de Antas de Ulla recibe este venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran festa dirixida á rapazada da vila. A festa celebrarase na Praza Nova entre as 16.00 e as 20.00.
A celebración inclúe unha festa con inchables e animación musical, co DJ David Expósito. Os Reis Magos de Oriente tamén acudirán á festa para saudar á rapazada de Antas de Ulla e recoller as cartas cos seus desexos.
“Este venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á festa, desfrutar coas actividades e saudar aos Reis Magos durante a súa visita á vila”, sinala Pilar García Porto, alcaldesa de Antas de Ulla.