As Tanxugueiras visitaron a cidade amurallada despois da instalación da palabra do ano na Rúa Menorca

LugoXa
Las Tanxugueiras visitaron el viernes 4 de marzo la ciudad de Lugo donde la palabra del año ocupa parte de la Calle Menorca.
tanxugueiras lugo2
5 Mar 2022

O tenente alcalde e concelleiro de mobilidade e infraestruturas, Rubén Arroxo, xunto con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, as Tanxugueiras, Sabela e Olalla Maneiro e Aida Tarrío, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes e o director cultural da Fundación Barrié, Diego Rodríguez, visitaron a rúa Menorca onde se vén de instalar a palabra Tanxugueiras, escollida como palabra do ano 2021.

Rubén Arroxo afirmou que "con esta iniciativa queremos seguir coa mellora da imaxe da cidade ao mesmo tempo que poñemos en valor un símbolo tan importante como a lingua galega". “Continuamos esta intervención artística que puxo en valor un símbolo tan importante como a lingua galega, e converteu á rúa Mallorca nun atractivo turístico máis de Lugo” dixo Rubén Arroxo que engaidiu "o futuro da nosa lingua está vivo e as palabras de cada ano pasan a formar parte do idioma xa que sintetizan parte da realidade de cada época".

“Desde as áreas de Cultura e Infraestruturas continuamos a facer das rúas da cidade lugares amables para pasear nos que ao mesmo tempo se pode descubrir a nosa cultura”, explicou o tenente alcalde.

A Palabra do Ano é escollida no Portal das Palabras cada ano. En 2012, a RAG e a Fundación Barrié, asinaron un convenio de colaboración en materia de lexicografía. Modernizar os sistemas de investigación, acometer novos traballos, elaborar aplicacións e promover o Portal das Palabras. Froito do anterior, elíxese a palabra do ano e conta con outras ferramentas como o Dicionario electrónico e a versión para móbiles e tablets.

Para a colocación das palabras utilizouse un material duradeiro e que permitirá unha boa e sinxela visibilidade do texto. Vai acompañando a cada verba o ano no que foi nomeada pola Real Academia, no Portal das Palabras, como palabra do ano.

PALABRA DO ANO

A escolla da palabra do ano comezou no ano 2014, a través do Portal das Palabras posto en marcha pola Real Academia Galega e a fundación Barrié. A iniciativa pretende que a veciñanza galega escolla cada decembro unha palabra en galego que defina o ano que remata, difundindo o léxico galego.

As palabras do ano escollidas até o de agora foron corrupción, refuxiados, irmandade, afouteza, deseucaliptización, sentidiño, nós e Tanxugueiras.

TANXUGUEIRAS

Trátase dunha alteración da forma etimolóxica Teixugueira, un zootopónimo común no país que sinala os lugares onde se poden atopar teixugos ou porco teixos. Esta voz popular remite probablemente ao latín taxo, taxonis, o nome latino que recibía o 'teixugo', aínda que podería vir tamén dunha suposta forma xermánica *thahsus ou do gótico *thahsuks

O trío formado por Olaia e Sabela Maneiro xunto con Aida Tarrío, participou a finais de xaneiro no Benidorm Fest. Levan en activo desde o ano 2016, e contan con dous discos e un single publicados. Nestes anos de actividade, acumularon múltiples premios a nivel galego e internacional, entre os que se atopan o premio MIN de música independente de 2018 ao mellor álbum galego, o premio Martín Códax da Música 2019 a mellor grupo de música tradicional e folk, o certame Ari(t)mar Galiza e Portugal 2019 a mellores músicas da Galiza, o e o premio a mellor adaptación dunha peza tradicional dos XIX Premios La Opinión de Música de Raíz do 2020. Ademais, os World Music Charts Europe do 2020 incluíunas entre os 20 mellores discos de World Music. Foron tamén finalistas do premio Mestre Mateo do Audiovisual Galego do 2019 ao mellor videoclip, finalistas do Mellor Vídeo con Shooglenifty dos Scots Trad Music Awards 2019 e finalistas a mellor álbum galego dos premios MIN da Música independente de 2019. A área de Cultura do Concello de Lugo contou coas Tanxugueiras en múltiples ocasións, organizando concertos nas edicións 2019 e 2021 do San Froilán, ademais de formar parte nas programacións do Lugo Cultural.

0.1834499835968