As torres do Garañón desaparecen da paisaxe luguesa

LugoXa
A empresa adxudicataria dos traballos de demolición do Garañón practicamente en rematado derrube dos edificios e aínda que queda traballo por facer, as torres xa desapareceron a o parque recupera as súas vistas.
lara mendez garanon paula alvarellos
1 sep 2023

A empresa adxudicataria dos traballos de demolición do Garañón practicamente en rematado derrube dos edificios e aínda que queda traballo por facer, as torres xa desapareceron a o parque recupera as súas vistas.

Denmoléronse un total de 37.796’49 metros cúbicos que equivalen a 14.868 metros cadrados de superficies construídas.

Primeiro elimináronse as fábricas de ladrillo das fachadas á vez que se quitou o illamento da torre nordeste e se eliminou o material que illa as fachadas e os teitos de forxados do bloque noroeste (de dez plantas sobre a rasante da cota máis baixa) para, seguidamente, ir eliminando os pórticos en sentido descendente, de forma progresiva.

Finalmente, a última parte será a de retirada e desentullo de todo o material. A propia parcela se empregará para a provisión dos elementos demolidos.

A alcaldesa Lara Méndez visitou a obra acompañada pola responsable da área de Sustentabilidade Urbana, Paula Alvarellos, e avaliaron o avance dos traballos e percorreu a contorna da futura zona verde que albergará esta parcela unha vez rematada a obra.

Os traballos van con algo de retraso debido aos atrancos que tivo a obra por parte do bando, que interpuxo varias demandas de paralización.

0.19660496711731