As traballadoras de Hiperxel volven concentrarse en Lugo
LugoXa
As traballadoras das tendas de conxelados que Hiperxel de Lugo concentráronse este xoves de novo para visibilizar a folga.
28 Abr 2023
As traballadoras das tendas de conxelados que Hiperxel de Lugo concentráronse este xoves de novo para visibilizar a folga que secundan desde o pasado luns porque a empresa débelles tres mensualidades e ademais sofren desabastecemento de mercadorías. A concentración foi convocada polo sindicato CIG e tivo lugar ante o establecemento situado na avenida da Coruña.
Hiperxel é unha cadea de conxelados que ten arredor dun centenar de tendas en Galicia o que suma preto dos 320 traballadores. Na provincia conta con case medio centenar de empregadas e na capital da provincia son arredor de 12.