As unidades de estranxería pasarán a ser tamén puntos violenta contra a violencia

LugoXa
Nestes espazos atoparanse materiais e guías de información sobre o procedemento de actuación, así como recursos e explicacións sobre os distintos tipos de violencias
estranxeria-punto-violeta
12 sep 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, anunciou xunto á xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, María Luisa Castro, que as unidades de Información, Rexistro e Estranxeiría pasarán a ser Puntos Violeta, ampliando a rede de espazos públicos de asesoramento, atención e protección a posibles vítimas de violencia de xénero.

Esta iniciativa comezou coa posta en marcha destes puntos nas oficinas do SEPE na provincia, e agora tamén estará presente no edificio da Subdelegación do Goberno en Lugo co obxectivo de ampliar a rede de protección e seguridade desde as administracións públicas para as mulleres que o precisen. Para iso, o persoal vén de recibir unha formación para a mellor prestación deste servizo.

Isabel Rodríguez destacou que a inauguración destes espazos responde a un proceso de mellora progresiva incorporando aos entes públicos, lugares de fácil acceso para a cidadanía. Así mesmo, servirá para facilitar información e materiais sobre como actuar ante un caso de violencia machista a establecementos, entidades, empresas ou organismos públicos.

“Unha vez máis, constatamos o compromiso do Goberno e do conxunto de administracións cun problema estrutural que provoca desigualdades, discriminacións, agresións e asasinatos de mulleres no noso país, unha cuestión de estado para a que ofrecemos o máximo coñecemento e protección”, aseverou a subdelegada.

Nas unidades nas que se implementará o Punto Violeta atoparanse algúns materiais como guías de información sobre o procedemento de actuación, recursos para as vítimas ou explicacións sobre a detección dos distintos tipos de violencias. A campaña de difusión e concienciación tamén conta con carteis e adhesivos cun código QR vinculado á Guía Punto Violeta.

0.20341992378235