As xogadoras do Emevé quedan subcampioas na Copa Raíña de Voleibol

LugoXa
Las jugadoras del Emevé quedaron subcampeonas de la Copa Reina de Voleibol que tuvo lugar del 11 al 13 de febrero en Lugo.
copa raiña emeve
14 Feb 2022

A Copa Raíña de Voleibol, que tivo lugar esta fin de semana na cidade amurallada, deixou ao Arenal Emevé como subcampioas do torneo.

Lugo acolleu durante os días 11,12 e 13 de febreiro a competición nacional de voleibol seguindo as medidas sanitarias necesarias para que a cita fose segura para as xogadoras e o público que se achegou a desfrutar desta cita deportiva. Este campionato volveu a poñer en valor á cidade de Lugo como referente deste deporte no territorio.

O equipo lucense, Arenal Emevé chegou a final do torneo tras vencer a OSACC Haro Rioja Voley e Kiele Socuéllamos.

Foron 1600 os asistentes como público que puideron gozar do encontro final entre o Arenal Emevé e o Sanaya Libby´s La Laguna Club Voleibol Haris que rematou cunha derrota para o equipo local tras unha exhibición de xogo en equipo digno de admiración.

A entrega de premios da gran final foi presidida por Agustín Martín Santos, Presidente da RFEVB, Lara Méndez, alcaldesa do Concello de Lugo, José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Pablo Rivera, Vicepresidente da Deputación de Lugo, José Ángel Luna, presidente da Federación Galega de Voleibol e Edward Elliot, representante de Iberdrola.

0.19629096984863