As xogadoras dos equipos femininos da Milagrosa foron recoñecidas no 8M

LugoXa
O acto foi unha mostra máis do compromiso pola igualdade de xénero, resaltando o papel crucial das mulleres no deporte
SCD-Milagrosa-feminino-8M-Xunta
8 Mar 2025

Con motivo da celebración do 8-M, Día Internacional da Muller, as xogadoras dos equipos femininos da Sociedade Cultural Deportiva A Milagrosa foron recoñecidas no campo de fútbol Luis López Gorgoso nun emotivo acto onde se lles entregaron petos de adestramento a favor da igualdade e contra a violencia de xénero.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, foi o encargado de realizar a entrega e agradeceu á entidade a súa colaboración nesta iniciativa, sinalando que "queremos sensibilizar á cidadanía e amplificar o mensaxe pola igualdade". O delegado tamén destacou a importancia do deporte como unha ferramenta fundamental "para educar sen distincións de xénero desde idades temperás".

Na súa intervención, o representante autonómico subliñou que a presenza feminina no ámbito deportivo, ao igual que noutras áreas da sociedade, é "un piar fundamental para conseguir unha provincia e unha comunidade máis igualitarias". Ademais, lembrou que a Xunta promove diversas iniciativas para apoiar e impulsar o papel das mulleres en diferentes sectores, garantindo tamén a súa independencia económica e autonomía persoal.

O acto foi unha mostra máis do compromiso pola igualdade de xénero, resaltando o papel crucial das mulleres no deporte e a súa contribución á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

⚙ Configurar cookies
0.17353892326355