Asfaltan o Camiño Primitivo e 9 viais no barrio lucense de Castelo

LugoXa
Comezaron os traballos de renovación do asfalto do Camiño Primitivo e doutros 9 viais do barrio de Castelo, en Lugo, que presentaban un estado avanzado de deterioro.
arroxo e penas barrio castelo lugo
8 Feb 2021

Comezaron os traballos de renovación do asfalto do Camiño Primitivo e doutros 9 viais do barrio de Castelo, en Lugo, que presentaban un estado avanzado de deterioro.

O Concello inviste 116.600€ nestes traballos que consistirán, segundo explicou ou concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Pena, "na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Nos treitos nos que o ancho da vía sexa insuficientes para o paso da maquinaria adicada a aplicar este tipo de asfalto, optarase por habilitar unha capa de rodadura de formigón, de 15 cm. Unha vez rematado o asfaltado, adaptaranse os rexistros á nova cota da vía e renovarase a sinalización horizontal".

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, valorou moi positivamente esta actuación xa que “permitirá mellorar a imaxe de Lugo á entrada do Camiño Primitivo, ao mesmo tempo que mellora a calidade de vida dos veciños e veciñas, que a diario se desprazan por estas vías”.

0.22410106658936